o Concello a Praza o Mercado a Escola a Eira o Porto
Idioma

Conectados
 Benvido/a, visitante
Únete á nosa Comunidade Virtual



O rexistro eche gratuito e permitirache accederes a todas as seccións do portal (agás algunhas reservadas aos socios)

 Rexístrate como membro
 Login:
Usuario/a:


Contrasinal:


Lémbrame

Membros:
Último: Novos hoxe:0
Último: Novos onte:3
Último: Total:6168
Último: Socios:52
Último: Voluntarios:42
Último: Último: Couggeloda...
Membros: Conectados:
Membros: Membros:0
Visitantes: Visitantes:38
Total: Total:38
 Agora conectados
Non che hai membros conectados
Últimas fotos
Enviado por: Admin o 17/05/06 - 09:04
Tema: fillosdegalicia       (8348 lectores)
100 acentos, 100 cores
Hoxe 17 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas (e tamén, Día de Internet) realiza unha emisión especial de radio online titulada "Cen acentos, cen cores" que recolle un mosaico das voces galegas con todos os acentos nos que se fala a nosa lingua no mundo, que len diversas obras da literatura galega, con lembranza especial para Manuel Lugrís Freire, autor ao que se lle adica este ano o Días das Letras Galegas. Conéctate e escoita os diversos acentos dos galegos do mundo!!!

Escoitar emisión especial "100 acentos, 100 cores"

AVISO: Para poder escoitar esta emisión online precisas o reprodutor gratuito de RealMedia (RealPlayer) ou compatible. Ao ser unha emisión streaming non precisas descargar enteira a emisión para escoitala: vala ir oíndo segundo vaia chegando ao teu ordenador, e ademais podes pasar para adiante para ir escoitando todos os fragmentos da mesma.

Contidos da emisión:

  1. Día das Letras GalegasMartiño (Compostela/Cuntis), presentación.
  2. Martiño (Compostela/Cuntis), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  3. Marcia (Brasil), presentación.
  4. Marcia (Brasil), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  5. Camila (Arxentina), le Irmaus de Celso Emilio Ferreiro.
  6. Miguel (Arxentina/EEUU), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  7. Federico (Arxentina), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  8. Daniel (Euskadi), le Brazos pra seitur de Fuxan os Ventos.
  9. Nair (Brasil), le Eu en ti amor galego de Celso Emilio Ferreiro.
  10. Día de Internet 2006Angélica (Arxentina), le Santiago de Compostela de Visitación Nogueira.
  11. Marcia (Brasil), le Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro.
  12. Casdeiro (Euskadi), presentación.
  13. Casdeiro (Euskadi), le Contáronme de Raúl Gómez Pato.
  14. Marisa (A Fonsagrada), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  15. Marisa (A Fonsagrada), le Se fora un anxo de Antonio Rey.
  16. Casdeiro (Euskadi), le Cuspe de Antón Lopo.
  17. Miguel (Arxentina/EEUU), le O pai de Migueliño de Castelao.
  18. Casdeiro (Euskadi), le Derradeira vontade de Fuco Buxán de Celso Emilio Ferreiro.
  19. Marcia (Brasil), le Vaite polo mundo de Leilía.
  20. Gustavo (Arxentina), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  21. Casdeiro (Euskadi), le No cuarto de Antonio Rey.
  22. Antonio (Arxentina), le Amor de Manuel Lugrís Freire e mais Terra nai de Antonio Rey.
  23. Daniel (Euskadi), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  24. Miguel (Arxentina/EEUU), le Emigrante de Lorenzo Varela.
  25. Casdeiro (Euskadi), le Receita: Biscoito no Val do Omo de Estíbaliz Espinosa.
  26. Dannycas (EEUU), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  27. Casdeiro (Euskadi), le O caso do Señor G. de Román Raña.
  28. Miguel (Arxentina/EEUU), le Chegou das Américas de Castelao.
  29. Nilo (Valencia), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  30. Silvia (Arxentina), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  31. Susana (Arxentina), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  32. Silvia (Arxentina), le Quíxente tanto, meniña de Rosalía de Castro.
  33. Casdeiro (Euskadi), le Qué é Galicia de Lois Pereiro.
  34. Casdeiro (Euskadi), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  35. Miguel (Arxentina/EEUU), le o Manifesto de Grou.
  36. Alfonso (Carballeda/Arxentina/O Barco), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  37. Francisco Xabier (Barcelona), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  38. Alonso (Ourense/Franza), le Amor de Manuel Lugrís Freire.
  39. Alonso (Ourense/Franza), le Lingua que rexeitaron os meus pais de Antón Tovar.


Podes ver a páxina coa convocatoria, que xa está pechada, para a recepción dos arquivos sonoros.

Invitámoste tamén, neste Días das Letras, a ver o documental online sobre Manuel Lugrís para coñecer en 10 minutos a traxectoria vital do autor.
Emisión especial Día das Letras: 100 acentos, 100 cores | Entrar/Criar unha conta | 0 Comentarios
Os comentarios son de propriedade do autor. Nós non nos responsabilizamos polo seu contido.
 

Condicións de uso e outros avisos legais
Os artigos e comentarios publicados en Fillos.org son responsabilidade dos seus respectivos autores e os editores non teñen por qué os compartir necesariamente.
Todo o resto é © (1997...hoxe) da Asociación Cultural Fillos de Galicia
Web feito en PostNuke software libre publicado baixo a licencia GNU/GPL.
Anúnciate en Fillos.org RSS Anúnciate en Fillos.org
[ Fillos.org está dispoñible en galego + en castellano + in English ]

Portal anovado en 2006 (Fillos 3.0) co apoio da Secretaría Xeral de Emigración
Xunta de Galicia
Versión en galego subvencionada en 2004 pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Política Lingüística.
Xunta de Galicia